Saltar ao contido

Joaquín Cárdenes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín Cárdenes
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor en Wikidata
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de maio de 1960 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  CD Tenerife
  Celta de Vigo

Joaquín Cárdenes Dumpiérrez, nado en Santa Cruz de Tenerife en 1902 e finado o 7 de maio de 1960, foi un futbolista e adestrador que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formou parte dunha das primeiras grandes aliñacións do CD Tenerife entre os anos 1922 e 1926 xunto a xogadores como Baudet ou Arocha, sendo recoñecido como o mellor centrocampista que dera o fútbol canario ata o momento. Nos contados encontros nos que os equipos canarios se enfrontaban a equipos peninsulares o Tenerife conseguiu varios triunfos memorábeis como a vitoria ante o Campión galego, o Real Vigo Sporting Club en 1923, ou ao Sevilla FC en 1925.

En novembro de 1926 Jaquín Cárdenes ficha polo Celta de Vigo, sendo o primeiro tinerfeño en xogar nun club peninsular. Militou no Celta tres tempadas.

A comezos de 1928 o Celta enfrontouse en Vigo á Real Sociedad, estando o seleccionador español, José Antonio Berraondo, na bancada. Nese encontro Cárdenes fixo moi bo partido o que lle valeu unha convocatoria coa Selección de fútbol de España ante Italia, aínda que non chegou a debutar converteuse no primeiro canario en ser convocado pola selección de España.

Co Celta proclamouse Campión galego na tempada 1929-30 e disputou a primeira liga oficial esa mesma tempada, en Segunda División sendo o xogador que máis partidos disputou e anotando dous goles.

Regresou ao CD Tenerife en 1931, na que volveu a render a moi bo nivel, protagonizando entre outros logos unha xira pola península no que o equipo logrou vencer ao Atlético de Madrid e ao FC Barcelona.

Tras retirarse do fútbol en activo Cárdenes converteuse en adestrador, comezou por clubs históricos de Santa Cruz como o Price ou o Hespérides, de onde pasou a adestrar ao CD Tenerife durante varias tempadas. Na tempada 1940-41 ficha polo Celta, xa en Primeira División para substituír a Ricardo Comesaña, o adestrador que conseguira o ascenso.

En Vigo dirixiu a un Celta recordado polos xogadores canarios do seu equipo: Roig, Mundo, Del Pino, Fuentes ou Victoriero. Ao final da tempada o equipo mantivo a categoría, rematando en 10º lugar pero Cárdenes decidiu deixar o Celta, e foi substituído por Baltasar Albéniz.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]